A CHEGADA DO HÁMSTER O PISO
Cando comezou o curso por fin xuntámonos todos os habitantes do piso. Cunhas gañas enormes de divertirnos o noso primeiro xoves xuntos fixemos a festa inaugural. Tiñamos de todo, dende chucherías ata guindillas para comer, cartas para xogar e apostar, botellas variadas compradas por nós e outras que descubrimos no minibar que tiña a anterior inquilina do piso… En fin, foi a repanocha. A hora da retirada, un de nos descubriu a bolsa de gominolas que quedara escondida nun recuncho. Outro viu como as intentaba esconder. Quedaban moi pouquiñas, así que fixeron un trato:
-Por cada duas gominolas que comamos sacamonos unha prenda.
As gominolas desapareceron rapidamente pero un dos dous case non as probou, e o outro, en fin, conseguiu agarrar un coxín. Cando intentaba recuperar os pantalóns apareceu o terceiro compañeiro que aproveitou ese patético momento erótico-festivo para grabar un video para o seu propio desfrute en futuras sensións de autoamor.
Xoves, 19/10/2006
Saímos da tenda e empezamos unha acolorada discusión para decidir o nome:
-Haber que vos parece este nome… Esto… Ummm…
-Eu tiña un na punta da lingua…
-Xúrovos que cando o vín pasarónseme pola cabeza un montón de nomes orixinais que agora non lembro!
-…
-…
-…
-Bueno deixarémolo para outro momento.
(Co tempo o nome que mais escoitou o hámster foi “Jerbo”, pero isa e outra historia que quedará para outro momento)
Cando chegamos a casa buscamos un sitio axeitado para colocar a xaula. Puxémola no salón, na mesa que queda entre os sofás, o sitio idóneo para telo ven a vista, pero tamén para desfrutar dos seus cloacais aromas a hora de ver a televisión. Isto tiña duas ventaxas, forzábanos a limpar mais frecuentemente a xaula e deixábamos de ver tanto a tele.
Por suposto, as primeiras horas no piso do roedor foron un pouco estresantes. Tres imbéciles mirando para ela e rindo e facendo comentarios con voz aguda cada vez que facía algo novo (como rascarse ou comer). Cando decidiu facer algo orixinal como andar na roda a emoción embargounos, así que grabámola có móbil.
Á noitiña, saímos a tomar unhas cervexas e atopámonos nun local cuns compañeiros de clase do noso compañeiro mais exhibicionista. Logo dos saúdos e das presentacións púxose a a falar cunha das rapazas do grupo:
-Sabes qué? –preguntou dándose aires de interesante–. Hoxe compramos un hámster ruso.
-Si? E como é?
-Mais pequeno que un hámster normal e gris. Grabámoslle un video mentras daba voltas na súa roda, queres velo?
-Si.
Pediulle o móbil o compañeiro que grabara o video da roda e pasoullo á rapaza. Na pantalla saían unha serie de números que eran os nomes dos videos. A rapaza deulle ó que estaba seleccionado. Pasou un segundo. A súa cara cambiou. Non era a cara que pon unha muller ao ver un video dun hámster ruso dando voltas na súa roda. O rapaz mirou o que a rapaza estaba vendo. Efectivamente o video non era un video dun hámster ruso dando voltas na súa roda. Avalanzouse sobre a pantalla para evitar que vira nada, pero xa estaba todo visto…
O luns 23 de outubro do 2006 ao mediodía, chegou o piso un rapaz ca espalda doblada e o rostro abatido, entrou arrastrando os pés e pechouse na súa habitación. Cando por fin saiu preguntámoslle:
-Que che pasou? A que ven esa cara?
-Preguntoume se me medrara o hámster…





