martes, 5 de febrero de 2008

GOMINOLAS

Non, non imos falar de series polo de agora. E en tal caso falaríamos de House ou Lost, e non de esta serie española, que polo que vin, o único interesante que ten é a Kira Miró. Imos abrir o apartado "Recetas para estudiantes" con un "alimento" que nos gusta a todos, as golosinas.

(ATENCIÓN: Parrafada en contra das gominolas, recomendamosche que non a leas, seguirás sendo feliz)
Nutricionalmente non teñen moitos beneficios, xa que so nos aportan sucres con un índice glucémico moi elevado. Se comemos unha gran cantidade de sucre, provocanos, en primeiro lugar, un aumento rápido do nivel de glucosa en sangue que fai que se segregue insulina en grandes cantidades, pero como as células non poden queimar adecuadamente toda a glucosa, o metabolismo comeza a transformarla en grasas. Estas grasas almacenanse nas células do texido adiposo. O noso código xenético está programado así para permitirnos sobrevivir mellor ós períodos de falta de alimentos. Nunha sociedade como a nosa, na que nunca chega o período de fame logo dun atracón, todas as reservas grasas quedánse sen utilizar e volvémosnos obesos.
Posteriormente, toda esa insulina que segregamos consigue que o sucre abandone a corrente sanguínea e, duas ou tres horas despois, o sucre en sangue cae por debaixo do normal e pasamos a un estado de hipoglucemia. Cando isto sucede, o funcionamiento do noso corpo e o da nosa cabeza non están á par, e sentimos a necesidade de devorar máis alimento. Se volvemos a comer más carbohidratos, para calmar a sensación de fame ocasionada pola rápida baixada da glucosa, volvemos a segregar outra gran dosis de insulina, e así entramos nun círculo vicioso que se repetirá unha e outra vez cada poucas horas. (FIN)

Pero, a quen non lle gustan esas atractivas cores e formas que din, CÓMEME? Unha vez na boca o seu sabor doce e o tacto provocanos a liberación de endorfinas, a hormona do placer, o que nos dificulta parar de comelas.

Bueno, pois nós fomos a unha tenda de gominolas e mercamos linguas de fresa e pali-picas, unha caixa de cada a 6'80 € cada unha.

Conteñen 200 unidades,
así que a unidade saenos a 3'4 cts, un aforro considerable se temos en conta que mercadas individualmente rondan os 10 ou 15 cts. Ahí tedes as fotos das caixas.










Ben, e para finalizar e en homenaxe a Josep Tomás, as valoracións:
Nivel de dificultade: 1
Nivel de satisfacción: 9

4 comentarios:

Manosfrias dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Unknown dijo...

El Rolher Blog en marcha. Haré Spam por todos los sitios para que conozcan la grandeza de los rolher xD

Obviamente el anterior era yo

Anónimo dijo...

Nótase que atendes de vez en cando, as clases de bioquímica e de organografía, así sabes os glúcidos xD xD

Anónimo dijo...

Pd: Sempre podes quitar as gambas. Esta receta é a receta normal.

A receta cutre, que é a que normalmente fago eu, non lle poño gamabas, nin calamares, porque estou canso de velas na facultde xD xD