A COMPRA DO HÁMSTER
19/10/2006
Estabamos os tres sentados no salón vendo a televisión cando xurdiu a seguinte conversa:- Este piso é moi deprimente. Qué vos parece si compramos un hámster? - propuxo un de nós.
- Polo que teño entendido, cheiran mal.
- Eu tiven un na miña casa e non cheiraba tan mal...
- Limpábalo ti?
- Ehh... non, pero non costa tanto.
- Si, pero cando nos vaiamos de vacacións ás nosas casiñas quen cuidará de él?
- Podemos turnarnos e levalo para casa cada vez un.
- Eu penso que nas navidades ben pode quedar só, e en verán lévao un e xa está.
- Vale, e que queredes, unha parella? Porque si compramos un só vainos morrer de depresión.
- Buf, si se reproducen íamos ter un problema. E si son do mesmo sexo probablemente se maten entre eles.
- Non sei onde lín que son animais solitarios, e o tema da depresión non lles afecta.
- E canto custará con xaula e todo?
- Non creo que pase de 20 e poucos euros...
- Bueno, entón non lle vexo ningún problema. Pero temos que turnarnos para darlle de comer e limparlle a xaula.
- Por min dacordo.
- Por min tamén.
- Pois mira nas páxinas amarelas onde hai cerca unha tenda de mascotas, e imos buscalo.
- Hoxe?
- Claro.

Así foi como decidimos ir a comprar o que sería o noso "hámster do inferno". O noso descoñecemento da zona fixonos dar unhas cantas voltas antes de chegar a tenda, que estaba ó ladiño da nosa casa.
- Bos días, en que podo axudarvos? - sorriunos unha simpática dependenta cunha boca grande e unha sorprendente velocidade o falar. Ó lado dela un loro azul miraba para nós por riba do hombro.
- Ola. Queríamos mercar un hámster.
- Moi ben - saiu de detrás do mostrador e dirixiunos hacia uns terrarios nos que había dous tipos de hámsters, uns grandes e marróns e outros mais pequenos grises. Había un letreiro en cada terrario e en ambos poñía o mesmo prezo - cales preferides?
Os pequenos grises parecían mais simpáticos e decantamonos por eles, así que lín o que poñía no letreiro:
- Un hámster ruso.
A dependenta colleu o mais feo de todos mentres dicía que tiñan uns tres meses así que practicamente eran adultos. Despois de fuchicarlle nas partes íntimas (co conseguinte descontento do animal), dixo que era unha femia (non a dependenta, senon o hámster), e iso significaba que soían ser máis agresivas que os machos. O da agresividade, lóxicamente, nós xa o sabíamos, logo dunha intensa investigación sobre o tema os anos anteriores en femias humanas.
A dependienta meteu a Phodopus campbelli nun cacharro de reducidas dimensións e pousouno sobre o mostrador.
- É o voso primeiro hámster?
- Si.
- Entón vouvos dar uns consellos: - empezou a decir un discurso que parecía ter ensaiado - Necesitan unha xaula na que se poidan mover con liberdade. Necesitan un ambiente ben iluminado, pero que non lles de o sol directamente. Non deben estar expostos a correntes de aire. Aparte da comida que ven na caixiña tedes que darlle froita de vez en cando e pan duro para fortalecer os dentes. Tamén necesitan algo co que facer un nido, pode ser papel hixiénico ou similares, pero non algodón xa que se poden asfixiar cas fibras. Debedes mudarlle o serrin cando este sucio, mais ou menos entre unha e duas semanas. Se seguides esas normas soen ter unha esperanza de vida en cautividade de mais de tres anos.
- Vale.
- Podedes escoller entre esas xaulas.
Entre susurros decidimos por unanimidade coller a mais barata...
-Gústavos está enorme, con tubos de colorines que saen e volven entrar na xaula, roda xiratoria e unha botella dosificadora de gran capacidade? - preguntou-afirmou sinalando o punto oposto o que nós mirábamos, na sección de paraísos para hámsters, onde os precios case tiñan un 0 mais.
(Di non, di non, di non, di non...)
- Ehhh... si? (AUCH)
- Cómo?
- Si-si. (AUCH-AUCH)
Colleu a xaula e pasou o hámster o seu interior. O primeiro que fixo o bicho foi excretar unha minúscula cagada no chan verde de plástico... Como si fora pouco para ela...
- Supoño que tamén quereredes comida e serrín?
- Si... - a mirada fixa do loro do mostrador intimidábame
- Algo máis?
- Creo que non.
- Pois van a ser 40 €.
Démoslle un momento a espalda e vimos que non íamos moi sobrados de cartos. Entre as carteiras dos tres conseguimos xuntar os diñeiro. Pousamos sobre o mostrador dous billetes de 10 un de 5 e un montón de moedas. Se os loros souperan rir ese estábase escarallando...
- Moitas gracias rapaces, volvede cando queirades.
- Adeus.
De volta a casa empezamos a falar de posibles nomes.

7 comentarios:
Hola amigos:
Lamento que tiverades que sufrir a lectura deste insulso primeiro capítulo da historia do hámster. Nos próximos episodios non intentaremos utilizar os recursos líricos como neste e limitaremos a poñer a "chicha".
Tranquilos o hámster so servira de excusa para relatar os episodios mais decadentes das nosas vidas (aínda non sei como).
Coño e si non che gusta, non o leas! xD
A mi me ha encantado xD
Me he partido en dos literalmente, es mas la parte de arriba escribe y la parte de abajo está en el baño xD
Y quiero qye haya más recursos xD
(Dios! como me ha gustado lo de "(AUCH)" xDDDDD)
xDD sí, el "auch" le da un toque carismático al texto.
Tsch, yo que pensaba que sería una historia en plan Stephen King con protagonista hamsteriano...
¿Acaso vuestros capítulos más decadentes son taan decadantes como para requerir la aparición de un hamster infernal? Ay, ay, a qué os dedicaréis en vigo... xD
Dios mio, si este ha sido "flojo" no puedo imaginarme el restoo!!
xDD Q grande!! Q crack que sois!!
A mi me a pasado lo mismo con unas pilas... pero no fueron 40€ :P
Y como que la féminas somos agresivas?? Eso no me lo dices a la cara!!! Cuando vaya a lugo te viada una yoya.... xDDDDDDDDDDD
Le deberías de llamar Satán...
jajajajajajajajajajaajajajajaja
agora tes q contar cando o hamster xoga cos teus cans...o é ao reves????
q boonnnnn
molas moito rolher,xD
Antía
Ahora que lo releo lo comprasteis el dia de mi cumple xD
Publicar un comentario